Muda de lugar unha das exhibicións do Salsa na Rúa de Ribeira

30 Agosto 2019

20190830. Dentro da programación do festival Salsa na Rúa, a exhibición de bailes latinos programada para mañá, de 14.00 a 14.45 horas, na praza da Porta do Sol cambia de emprazamento, realizándose finalmente no Malecón.

A celebración encara a súa décima edición este sábado 31 e, con tal motivo, máis de 150 bailaríns inundarán con son e baile os diversos emprazamentos da cidade de Ribeira.

Este evento contará con profesionais chegados desde Brasil, Angola, Portugal, República Dominicana, Arxentina e España, ademais de contar coa participación de oito escolas de baile galegas con sede en Ourense, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago e Ribeira. Deste xeito, estréitanse os lazos culturais.

Coa pretensión de facer unha demostración do que depara esta cita, hoxe terá lugar, ás 20.00 horas, unha exhibición de baile moderno e ritmos latinos no parque García Bayón.

No día grande, sábado 31, o calendario constará de diversas accións repartidas ao longo da xornada entre a rúa Alcalá Galiano, a praza da Porta do Sol, o paseo do Malecón e a propia sede da escola de baile, con ritmos coma a bachata, a salsa cubana, a semba, a kizomba ou o zouk, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.