Máis de 150 bailaríns participarán nunha nova edición do Salsa na Rúa de Ribeira

27 Agosto 2019

20190827. O festival Salsa na Rúa encara a súa décima edición este sábado 31 e, con tal motivo, máis de 150 bailaríns inundarán con son e baile os diversos emprazamentos da cidade de Ribeira. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Cultura, María Sampedro, xunto ao promotor do evento, Orlando González Cruz, responsable da escola El Tomasón e da asociación Haveira, contando tamén coa asistencia doutros membros do referido centro coma Saray Boo, Denis Piñeiro, Abdi Santiago e Félix Verdes.

A edil manifestou que se continúa así coa oferta cultural e expresou o seu agradecemento polo “traballo desta asociación e, ademais, destacar que estamos moi satisfeitos da acollida que ten esta cita ano tras ano” contando con numeroso público e dinamizando as rúas da cidade.

Segundo explicou Orlando González, o festival contará con profesionais chegados desde Brasil, Angola, Portugal, República Dominicana, Arxentina e España, ademais de contar coa participación de oito escolas de baile galegas con sede en Ourense, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago e Ribeira. Deste xeito, estréitanse os lazos culturais. Ademais, indicou que esta convocatoria coincide co décimo quinto aniversario da escola que dirixe.

Coa pretensión de facer unha demostración do que depara esta cita, o venres 30 terá lugar, ás 20.00 horas, unha exhibición de baile moderno e ritmos latinos no parque García Bayón.

No día grande, sábado 31, o calendario constará de diversas accións repartidas ao longo da xornada entre a rúa Alcalá Galiano, a praza da Porta do Sol, o paseo do Malecón e a propia sede da escola de baile, con ritmos coma a bachata, a salsa cubana, a semba, a kizomba ou o zouk, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.