Domingo pasado por auga e temperaturas frescas. O verán empeza o luns ás 5,32 da madrugada

19 Xuño 2021

O domingo a comarca e Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao norte da Comunidade. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos probables en calquera punto. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados do suroeste, con intervalos fortes no litoral coruñés.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:223.2 m
Baixamar06:461.0 m
Preamar13:043.2 m
Baixamar19:071.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:133.2 m
Baixamar06:361.0 m
Preamar12:553.1 m
Baixamar18:591.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:173.2 m
Baixamar06:421.0 m
Preamar13:003.2 m
Baixamar19:041.1 m

* As horas están en horario local.

O verán comeza ás 5,32 horas do 21 de xuño. En dito instante o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación con respecto ao ecuador (máxima declinación). Nestes días, polo tanto, temos a meirande diferenza entre o día e a noite.

A estación que agora comeza prolongarase ata as 21.21 horas do 22 de setembro. Estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro. Nesta ocasión, a visión das Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto verase favorecida pola fase lunar, que estará entre nova e crecente e que, polo tanto, non vai estorbar durante a noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.