O BNG trasladará as peticións da veciñanza de Palmeira sobre Internet, estradas e reciclaxe

18 Xuño 2021

O BNG de Ribeira trasladará ao pleno do Concello as peticións da veciñanza de Palmeira recollida sobre Internet, estradas e reciclaxe, segundo informaron os membros da formación, Xosé Vázquez, Luís Pérez e Cruz Rivadulla.

Así, o voceiro nacionalista, Xosé Vázquez, considera que para fixar poboación no rural, “desde as administración públicas débense realizar os investimentos necesarios e na parroquia de Palmeira hai carencia e inconvenientes que cómpre atallar”. Así, o BNG fai fincapé na necesidade de “mellorar o acceso a Internet que garanta unha boa conexión, sobre todo nun contexto no que cada vez está máis presente a educación a distancia ou o teletraballo”.

Outra das queixas trasladadas será a dotación de sumidoiro que recollan as augas da chuvia e unha nova pavimentación que precisan varias zonas estradas na Insuela. Ademais, a veciñanza reclama un mellor mantemento dos parques e un mellor tratamento de residuos coa incorporación de máis contedores de reciclaxe.

Deste xeito, o BNG trasladará ao pleno as seguintes necesidades:

  • Inclusión por parte do Concello de Ribeira partidas orzamentarias para a dotación de recollida e augas pluviais.
  • Mellorar o mantemento de parques e cunetas.
  • Instalar contedores de reciclaxe e contedores de aceite.
  • Instar ás empresas de telefonía a mellorar a conexión á rede.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.