O PSOE de Ribeira propón habilitar puntos públicos de carga de vehículos eléctricos nos lugares de máis afluencia de visitantes

17 Xuño 2021

Os socialistas de Ribeira, a través do seu concelleiro José Manuel Suárez-Puerta Sirgado, presentaron unha proposta á Corporación municipal relativa á necesidade de achegar alternativas no municipio para os vehículos electrificados, híbridos ou de gas, cuxa presenza, recordan, “medrou no territorio estatal, en 2020, nun 146,5% con respecto ao ano anterior, segundo datos proporcionados por ANFAC”.

Power supply connect to electric vehicle for charge to the battery. Charging technology industry transport which are the futuristic of the Automobile. EV fuel Plug in hybrid car.

O PSOE de Ribeira opina que malia as boas cifras de mercado, o despregue de puntos de recarga para coches eléctricos non está á altura das expectativas, crecendo só un 58 % nese mesmo período de tempo. “O número total supera xa os máis de 203.000 cargadores en toda Europa, pero poderían non ser suficientes para dar abasto a un parque que aumenta a un ritmo moito maior”, explican, poñendo o foco na necesidade de situar a Ribeira na vangarda deste proceso. En palabras dos socialistas locais, “a carencia de suficientes cargadores para vehículos eléctricos é un feito particularmente visíbel en España en xeral e en Galicia en particular, sendo o caso de Ribeira aínda máis evidente”, xa que, segundo recordan, “o municipio non está dotado de ningún punto público no que poder realizar as operacións de recarga”, polo que se estarían poñendo importantes trabas á mobilidade sustentábel de residentes e, tamén, e visitantes e turistas.

Por todo o devandito, propoñen o seguinte: “Que o Concello de Ribeira proceda á instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, de potencia suficiente para a realización dunha carga rápida nos lugares de maior afluencia de visitantes, para que nestes poidan recargar os vehículos e aumentar en consecuencia a súa autonomía”.

Os socialistas achegan unha lista de puntos de recarga cos seguintes emprazamentos:

a.- Praia da Corna

b.- Porto de Palmeira

c.- Estacionamento a carón do Camping de Coroso

d.- Estacionamento xunto ao Polideportivo de Coroso

e.- Paseo das Carolinas

f.- Avda. do Malecón

g.- Praia de Castiñeiras

h.- Porto de Aguiño

i.- Porto de Corrubedo, limitando o acceso rodado en tempada estival aos vehículos dotados do adhesivo que certifica a súa eficacia Enerxética e necesidade de acceso aos puntos de recarga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.