Adxudicada provisionalmente a renovación de pavimento e calzada nun tramo de Xarás

30 Agosto 2019

20190830. A adxudicación provisional dunha nova actuación posibilitará a renovación do pavimento en beirarrúas e calzada nun tramo da avenida Ramiro Carregal Rey, no ribeirense polígono industrial de Xarás, dando continuidade a outra intervención semellante emprendida o outono pasado.

A empresa que resultou mellor clasificada das 30 ofertas presentadas foi Marqués de Marancán S.L., cun investimento de 81.670 euros, IVE incluído. A actuación conta cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao abeiro da orde do 17 de decembro de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

As beirarrúas onde se centran as obras están pavimentadas actualmente en formigón en masa e presentan un estado deteriorado, ao igual que a calzada. Por esta razón, proxéctase a pavimentación das devanditas beirarrúas cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor e a pavimentación da calzada con aglomerado asfáltico en quente ao longo de 265 metros.

O prazo de execución son dous meses.

Por outra banda, está prevista unha segunda actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na avenida Ramiro Carregal Rey. A dita intervención presentáronse corenta ofertas e está pendente de adxudicar, cun orzamento que ascende a 217.151 euros, IVE incluído.

A día de hoxe, esta área industrial dispón dunha rede deficitaria de pluviais que rexistra ocasionalmente avarías, circulando a auga de chuvia pola calzada en gran cantidade. Co obxecto de evitar esta situación, proxéctase unha nova rede dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do polígono, a base de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...