Martes con mais calor e risco de treboadas polo serán

14 Xuño 2021

Durante esta xornada aínda persistirá a situación anticiclónica e a presenza de aire frío en altura polo que o tempo seguirá moi cambiante. Amenceremos con néboas nas Rías Baixas e nubes noutros puntos do litoral e zonas altas do interior. Pola tarde medrarán as nubes de evolución ocasionando tormentas no interior da Comunidade, ocasionalmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso e os ventos soprarán frouxos de dirección variable polamañá e do nordés á tarde.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:511.0 m
Preamar08:023.1 m
Baixamar13:561.1 m
Preamar20:193.3 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:431.0 m
Preamar07:543.0 m
Baixamar13:491.2 m
Preamar20:093.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:481.0 m
Preamar07:583.0 m
Baixamar13:531.1 m
Preamar20:143.3 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.