As bibliotecas e axencias de lectura dos nosos concellos, beneficiadas das novas axudas de Ler conta moito

14 Xuño 2021

Un total de 180 concellos vanse beneficiar nesta convocatoria das axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para as actividades dirixidas a fomentar e dinamizar a lectura así como ao desenvolvemento do programa Ler conta moito nun total de 220 bibliotecas e axencias integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A contía total é de 195.000 euros, achegados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da que depende a día Secretaría Xeral.

No que respecta á nosa comarca, as axudas abranguen os concellos de Boiro (Biblioteca Pública Municipal de Boiro, Axencia de Lectura de Escarabote), Dodro (Biblioteca Municipal de Dodro), Lousame (Axencia de Lectura de Lousame), Muros (Biblioteca Municipal), Noia (Biblioteca Municipal), Outes (Biblioteca Municipal), A Pobra do Caramiñal (Biblioteca Municipal Victoriano García Martí), Porto do Son (Biblioteca Municipal Xerardo Díaz, Axencia de Lectura de Portosín, Axencia de Lectura San Pedro de Muro), Rianxo (Biblioteca Pública Castelao) e Ribeira (Biblioteca Pública Municipal de Ribeira).

O programa Ler conta moito 2021, que se desenvolve en colaboración coas entidades locais, ten como obxectivo “contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir”.

Ao abeiro desta liña os concellos beneficiarios deberán programar ata o 25 de outubro un mínimo de dúas actividades polas que reciben unha achega que cubre ata o 75% dos gastos.

De xeito complementario destas axudas, a Xunta ofrece tamén subvencións para o crecemento e actualización das coleccións das bibliotecas, axudas para equipamentos culturais de concellos e poténciase o papel da Biblioteca de Galicia como institución central e a posta en marcha da biblioteca dixital Galiciana, entre outras iniciativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.