A variante da Xunta en Ribeira é a máis idónea segundo un estudo técnico independente

11 Xuño 2021

A empresa Iceacsa, que o Concello de Ribeira contratou para a realización dun estudo sobre a mellor alternativa para a futura variante concluiu que a proposta da Xunta é a máis idónea para resolver as carencias de fluidez circulatoria.

Tres eran as opcións obxecto de estudo: o proxecto da Xunta, o traballo fin de máster do estudante de enxeñería Afastando Piñeiro que no 2018 recibiu o premio Ovisa e a mellora da estrada DP-7301. Esta última posibilidade quedou descartada porque segundo a técnica Marta Rodríguez non resolve o problema do centro urbano. pero pode ser útil para ir a Carreira ou a Aguiño.
As propostas da Xunta e a de Alejandro Piñeiro, ningunha das cales é definitiva debido a que en ambas debe elaborarse o proxecto construtivo. No caso da circunvalación deseñada por Piñeiro o resultado final diferirá moito máis que no da Xunta, porque ao tratarse dun traballo de fin de máster hai cuestións que non están recollidas.

En cada unha das opcións, os técnicos avaliaron catro aspectos: ambiental, social, a incidencia do tráfico e o desenvolvemento futuro de Ribeira.

Na presentación efectuada no salón de plenos, a ténica Marta Rodríguez detallou os cálculos realizados e os criterios seguidos. Tras preto dunha hora de exposición acompañada de mapas e gráficos, a técnica concluíu que a alternativa de Alejandro Piñeiro está máis pensada para un tráfico de longo percorrido que busque evitar o centro urbano, pero o que se pretende é unha mellora da accesibilidade incidindo en que o de Piñeiro é un excelente traballo.

A proposta da Xunta establece oito conexións distribuídas ao longo dos máis de tres quilómetros de percorrido, mentres que a de Piñeiro prevé dúas glorietas, unha delas na estrada DP-7305.

Video rolda de prensa presentación informe: https://fb.watch/63klwCPnFS/

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.