O DOG publica este venres o terceiro Plan de rescate para Autónomos e Empresas

10 Xuño 2021

Este venres 11 de xuño, o Diario Oficial de Galicia publicará as bases da convocatoria do 3º Plan de Rescate co que a Xunta porá a dispor de autónomos e empresas 234,4 millóns de euros de fondos transferidos polo Estado.
Con estes novos apoios directos do 3º Plan, aprobado en Consello o pasado 2 de xuño, a Xunta, a través dos diferentes departamentos, terá posto a dispor de autónomos e empresas máis de 560 millóns de euros en axudas directas. “O Goberno do Estado estivo máis dun ano sen facer ningunha achega”, criticou a conselleira, quen indicou que agora faino “tarde, mal e arrastras, cunha burocracia excesiva e con requisitos que resulta francamente dubidoso que unha gran parte dos autónomos poidan cumprir”.
Tamén fixo referencia Lorenzana a baixa contía dos fondos outorgados a Galicia, apenas o 3,34% dos 7.000 millóns transferidos ás Comunidades Autónomas. “Se tivésemos en conta o número de autónomos e empresas radicados na nosa comunidade, corresponderíanos o 7%, 350 millóns de euros”, cuantificou.
Tal e como lembrou a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, a Xunta empregará a capacidade de manobra que lle deixa o Real Decreto-lei co que o Estado regula as axudas para estendelas a todos os sectores de actividade, e non limitalas ás 95 das 629 existentes.
Lamentou, no mesmo sentido, que so poidan ser beneficiarias dos apoios directos as persoas traballadoras autónomas e empresas con débedas pendentes de pago o que, ao seu xuízo, penaliza a quen fixo verdadeiros esforzos para saír adiante. “Os propios autónomos están dicindo que o 40% dos 7.000 millóns non lles chegarán” debido a estes
requisitos, lembrou Lorenzana.
A Xunta, neste sentido, chegará a todos os sectores que acrediten alo menos un 40% de caída do volume de operacións, o que amosa a súa afectación real pola pandemia.

“Reservamos un 85% dos fondos a autónomos e microempresas, para apoiar a continuidade da actividade empresarial na nosa comunidade respecto deste colectivo que constitúe o 97% do noso tecido produtivo”, manifestou Lorenzana.
O Goberno galego quere axilizar a tramitación dos pagos do 3º plan, minimizando a burocracia, e mediante o adianto do 100% dos importes que correspondan mediante a sinxela presentación dunha declaración responsable.
Nos dous primeiros plans de rescate “levamos executados en pouco máis de 6 meses un total de 182 millóns de euros, atendendo 66.500 solicitudes”, indicou a titular de Emprego e Igualdade na súa intervención. E continuou lembrando que cerca do 50% de todo ese orzamento dirixiuse ao sector da hostalaría: “O 90% dos bares, restaurantes, hoteis e
cafeterías recibiron algunha axuda directa de fondos propios da Xunta”.
Para rematar, a conselleira invocou á “dimensión da xestión efectuada nos plans” o que fai que a Xunta leve investidos 416 millóns de euros nos tres plans de rescate que sumarán un total de 126.500 axudas. A estes hai que engadir outros 145 millóns xestionados pordiferentes departamentos autonómicos ata un total de 560 millóns en axudas directas
extraordinarias para os sectores e actividades económicas máis prexudicadas pola pandemia.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...