Adxudicada a renovación do abastecemento nun treito da estrada DP-7305 en Carreira

10 Xuño 2021

O Concello de Ribeira adxudicou con carácter provisional unha nova actuación destinada á renovación da liña de abastecemento na estrada DP-7305, no treito da parroquia de Carreira situado entre a rotonda do Vilar e a rúa Gabaceira.

A empresa que obtivo a puntuación máis alta foi Xestión Ambiental de Contratas, S.L., conforme a unha proposta de 101.413 euros, IVE incluído. Había 31 ofertas presentadas.

Con esta obra, informou o Concello, “preténdese dar solución á escaseza de presión e ás roturas que con certa frecuencia se producen na rede desta zona, formada por unha tubaxe de 200 milímetros de diámetro feita en fibrocemento”.

Un quilómetro de tubaxes

O conduto será substituído por dúas novas liñas de PVC de 200 milímetros de diámetro, cada unha das cales conta con 510 metros de lonxitude. Ademais, serán renovadas as 11 acometidas domiciliarias.

O investimento está enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2020.

O prazo de execución son tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.