En Ribeira o XXIX Concurso Literario Escolar das Letras Galegas reuniu 314 traballos de poesía, prosa e banda deseñada

09 Xuño 2021


O Auditorio Municipal de Ribeira deu cabida esta mañá á entrega de premios do XXIX Concurso Literario Escolar das Letras Galegas, que reuniu un total de 314 traballos de poesía, prosa e banda deseñada.

Os alumnos participantes proceden de centros moi variados, CEIP Artes, CPR Bayón, CEP de Carreira, CPR Galaxia, CEIP O Grupo, CEIP de Frións, CEIP de Palmeira e CPR Sagrada Corazón. O certame acolleu tres especialidades diferentes, poesía, prosa e banda deseñada e en dúas categorías: A, de 7 a 10 anos e B de 10 a 13 anos.
Na modalidade de prosa, Raúl Alonso do CEIP de Artes con Viaxe a Galicia, Daniel Caamaño do CEIP o Grupo con A meniña que quería ser doutora e Isamel García do CEIP Galaxia con Ken e o mundo das tebras foron os premiados na categoría A. Na categoría dos 10 aos 13 anos, Naiara Folgar do CPR Sagrado Corazón con Un amor impensable, Hugo Moure do CEIP O Grupo e Gisela Rivas do CEIP Frións con A noite escura recibiron seu premio no día de hoxe.
Doutra banda, Joaquín Vila do CEIP O Grupo con Amósame o teu cantar e Isamel García e Vera Castro do CEIP Galaxia con O peixe leandario e O arco da vella respectivamente, acadaron seu primio na categoría A de poesía. Na categoría B, Aitana Marrero do CEIP Palmeira con Árbore querida, Ebony Pérez do CPR Bayón con Onde o mar me leve e Mauro Filgueira do CEIP de Carreira con Letras Galegas foron os gañadores.
Por último, a modalidade banda deseñada tivo unha gran representación do CPR Galaxia, cos premios de Noa Vázquez con Natali e o lago Máxico, Daniela Romano con A festa de Alberte, María Luaces con A Abella sen mel, Kevin Regueira con Os xemelgos e Carmen Ramos con A fada sen ás. Ademais, Agueda Pérez xunto a Elia Riera do CEIP O Grupo con Como foi a vida de Xela Arias tamén foron premiadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...