O Concello de Boiro quere traballar coa veciñanza na mellora municipal

29 Agosto 2019

20190829 O Concello de Boiro está a redobrar esforzos para estreitar a comunicación coa cidadanía, favorecendo o diálogo e a participación activa pola vía das novas ferramentas dixitais, principalmente. Estes días o Goberno local lembra dende o Facebook de seu que este vieiro de colaboración/comunicación veciñal (dúbidas, suxestións, avisos e achegas de incidencias) pódese levar a cabo a través de varias maneiras: no correo electrónico (mediante a conta correo@boiro.org), por teléfono (981 849 960), a través das redes sociais (@ConcelloBoiro) ou ben directamente no propio Consistorio, emprazado na céntrica praza de Galicia).

Para reforzar estas vertente, o equipo local de goberno activou recentemente as redes sociais do Concello, canles coas que até o de agora non se contaba, e con cuxa habilitación preténdese fomentar ao máximo a información inmediata e a implicación da veciñanza na vida pública local.

En termos máis concretos, xa están operativas as redes sociais oficiais do Concello, Facebook, Twitter e Instagram, coas que se pretende “informar á cidadanía de toda a actualidade, a vida cultural, deportiva, social, etc. do municipio”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.