Nova quedada astronómica este sábado en Rianxo

28 Agosto 2019

20190828 O sábado 29 de agosto, en Rianxo, toca novamente ollar cara ao ceo e deixarse fascinar polo escintileo dos corpos celestes á noitiña. Estamos a falar dunha nova quedada rianxeira científico-divulgativa e astronómica, unha vez máis no Paseo de Ribeira, a carón do busto de Castelao. A cita, como de costume, é provisional: adiarase en caso de que o tempo impida desfrutar da observación das estrelas e outros corpos celestes. O parte meteorolóxico terá pois a última palabra.

Trátase dunha nova actividade do programa Rianxo Ciencia, dirixida a introducir a xente de todas as idades na investigación e no coñecemento dos fenómenos que nos rodean, poñendo o foco (especialmente) nas novas xeracións.

Esta quedada astronómica, que comeza á noitiña (sobre as 22.00 horas), servirá para ampliar o noso coñecemento sobre os elementos que están alén da bóveda celeste: os planetas do noso sistema solar, as estrelas duplas, os cúmulos estelares, etc. A actividade vén da man do Concello de Rianxo, Rianxo Ciencia, a Universidade de Santiago e maila Xunta.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.