Ribeira sede de campionatos autonómicos e provinciais de patinaxe

04 Xuño 2021

O Pavillón Polideportivo de Sirves, en Ribeira, vai dar cabida nesta e na próxima fin de semana a cadanseus certames de patinaxe de categorías base: concretamente, os días 5 e 6 celebrarase o campionato galego nas categorías cadete, xuvenil, júnior e sénior, en tanto que o 12 de xuño desenvolverase o campionato provincial nas modalidades benxamín, infantil e alevín.

A concelleira de Deportes, Juana Brión, e a adestradora do Club Patinaxe Ribeira, Elena Rey, ofreceron os detalles destas dúas competicións que, respectando a normativa COVID-19, serán a porta pechada (pero poderán presenciarse a través das redes sociais da Federación Galega de Patinaxe).

No que respecta ao campionato galego, está prevista a participación de 49 patinadores, dos cales 4 representarán ao club ribeirense: Adrián Blanco, Alejandra Olveira e Daniela Sieira (en categoría cadete) e Jorge Noya (xuvenil). Os clasificados nos tres primeiros de cada modalidade irán ao campionato de España.

En canto ao certame provincial, acudirán uns 90 patinadores e o elenco local estará representado por Marta Blanco, Xela Rodríguez e Sabela Arias (alevíns) e Uxía Dasilva e Lía Rodríguez (infantís). Os 7 primeiros en cada categoría acudirán aos autonómicos de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.