O ribeirense Juan Grela ofreceu un recital de gaita de fin de grao

04 Xuño 2021

O ribeirense Juan Grela Docabo ofreceu o pasado martes no Conservatorio municipal Enrique Paisal un recital de fin de grao profesional na especialidade de gaita. A actividade tivo lugar no salón de actos ás 19.30 horas. O programa incluíu L’Art de preluder de Jacques M. Hotteterre, Sonata I para gaita e baixo continuo op.27 de J. Bodin de Boismortier, Sonata III para gaita e baixo continuo op.2 de Charles Buterne e Suite en sol m de Daniel Demoivre.

Entre os asistentes estivo a concelleira de Educación, Juana Brión, quen lle fixo ao intérprete un obsequio no nome do Concello.

Juan Grela Docabo comezou os seus estudos de gaita no conservatorio ribeirense aos 8 anos, abordando un repertorio histórico do instrumento dende a Idade Media ata a época contemporánea. De xeito paralelo, con 11 anos, accede á especialidade de clarinete, instrumento no que cursa actualmente grao profesional.

Juan ten recibido aulas de gaita de diversos mestres como Paulo Gonçálvez, David Vellas e Ánxela Vidal. Na faceta máis popular do instrumento fórmase con gaiteiros como Pepe Romero, Suso Vaamonde, José Manuel López “Josele” ou Daniel Bellón. Tamén asiste a un curso formativo con Cristian Silva e participa, con 10 anos, no concurso infantil de TVG Vai de gaita.

Formou parte de varias asociacións de música tradicional, como Tahume e Fanfarria Ferruxa, así como na banda do Ateneo Musical da Pobra.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.