O profesor Monterroso Montero fixo en Ribeira un percorrido pola obra de Soledad Penalta

03 Xuño 2021

Finalmente chegaron ao seu remate en Ribeira as charlas do ciclo Arte e Palabra, celebradas no Centro Cultural Lustres Rivas. Concluíron cunha disertación sobre a obra e as contribucións da escultura noiesa Soledad Penalta a cargo do profesor Juan Manuel Monterroso Montero.

A cita serviu tamén para dar remate á exposición Cinco artistas do Barbanza, que exhibiu dende o pasado mes de abril esta instalación cultural de Ribeira.

Monterroso Montero salientou “a traxectoria dunha escultora que rompeu moldes ao dedicarse a unha disciplina artística que, nos seus inicios, era un mundo de homes, traballando ademais un material que non se deixa domar facilmente”.

Mostra de Plácido Amboage

Tras esta iniciativa promovida pola Concellería de Cultura de Ribeira en colaboración coa Asociación Barbantia e a Fundación Museo de Artes, este venres ás 21 horas terá lugar no mesmo emprazamento a inauguración da mostra Estampas de Compostela, de Plácido Amboage. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un email a culturaefestexos@ribeira.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.