O alumnado de Infantil do CPI Cernadas de Castro desfruta das xornadas lúdicas de música

01 Xuño 2021

As nenas e os nenos dos cursos de Educación Infantil do CPI Cernadas de Castro están a desfrutar estes días dunhas xornadas lúdicas de música. Fano a través dunhas clases especiais postas en marcha polo director da Escola Municipal de Música do Concello de Lousame.

O obxectivo é achegar as súas leccións aos rapaces e rapazas de entre 3 e 5 anos. Por iso, a empresa que xestiona a Escola Municipal de Música achega o seu método ao alumnado do CPI Cernadas de Castro cunhas xornadas lúdicas e educativas de aproximadamente 25 minutos. As sesións empezan cunha canción de presentación e proseguen con actividades.

Ademais, o próximo 16 de xuño a Escola Municipal de Música de Lousame celebrará unha xornada de portas abertas para que as familias coñezan de primeira man o funcionamento do centro e o método educativo. Os interesados deben notificar previamente a súa asistencia dende o venres por medio dun Bando Ticket.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.