O PSOE de Noia pide que se substitúan os quitamedos da ponte do Campo

31 Maio 2021

O PSdG-PSOE de Noia vén de anunciar que solicitará melloras de seguridade na ponte do Campo de Noia. En concreto, pedirá que se substitúan as varandas metálicas de protección (quitamedos) instaladas recentemente por mor da obra da rotonda do peirao.

O grupo entende que “en troques de instalar uns novos quitamedos, a obra que se está a realizar a día de hoxe debera aproveitar para instalar outro sistema menos perigoso, tanta para as persoas que utilizan a ponte a pé, como para as bicicletas ou motocicletas que cruzan pola estrada, sendo un lugar moi transitado para ir as praias ou ben cara a Boiro”.

Os socialistas sinalan que estes dispositivos de seguridade estanse a retirar en múltiples estradas por todo o territorio nacional, “polo perigo que supoñen en caso de accidente”.

Tamén lembran que estes avisos sobre os problemas de seguridade na ponte xa veñen de antigo, xa que o propio grupo alertou en varias ocasións “do mal estado no que se atopa actualmente a construción sobre o río que conecta co Campo de Noia, onde as varandas presentan un estado de corrosión moi elevado, e onde a altura dos quitamedos, cos bordos cortantes, é moi perigosa no caso de que haxa unha caída, nunha ponte por onde transita unha gran cantidade de persoas”, explican.

O voceiro Roberto Iglesias, explica que “co tempo que leva a obra desta rotonda, que xa é denominada a rotonda eterna, consideramos que se puideron estudar outras alternativas máis estéticas co entorno histórico, e sobre todo, máis seguras para as persoas que cruzan a ponte a diario”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...