Exitosa primeira Ribeira Fashion Show

31 Maio 2021

Baixo un sol de xustiza tivo lugar na tarde de onte domingo na praza do Concello unha exitosa primeira edición da Ribeira Fashion Show: un desfile de moda que serviu de escaparate para amosar as últimas tendencias en roupa, óptica, complementos, vestimenta deportiva e laboral ou arte floral, da man de vinte establecementos locais.
O show, no que houbo control de aforo e respectáronse todas as medidas anticovid, estivo conducido por Belén Xestal. Participaron as firmas Pillados, Greco, Black Estévez, Fábrica de Ideas, Cukos, El tocador de mujer 21, Champion Sport, Xade, Manuel Villarrey Peluqueros, Príncipes y Princesas, Os Nenos, Federópticos Filgueira Martínez, RB Deseños, Lolita Multimarca, Confecciones Teresa, Rovi, Eva Méndez Perruquería, Floristerrae e Mmagoe.


A iniciativa estivo financiada polo Concello de Ribeira e contou coa colaboración organizativa da Asociación de Empresarios. Forma parte do proxecto “RIBEIRA, UN MAR DE COMERCIO”, que foi seleccionado no marco dos “PROYECTOS SINGULARES PROMOVIDOS POR TERCERAS ENTIDADES ORIENTADOS A LA MODERNIZACIÓN COMERCIAL DEL PROGRAMA DE APOYO A LA COMPETITIVIDAD DEL COMERCIO MINORISTA 2020” no que
Concello de Ribeira e a Cámara de Comercio de España firmaron un convenio de colaboración cunha porcentaxe de cofinanciación mínima do 80% de Fondos FEDER.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...