Nove empresas aspiran a materializar o proxecto de saneamento en Burés, Rianxo

31 Maio 2021

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Adolfo Muíños, vén de compartir novidades con respecto ao proxecto de saneamento de Burés. Segundo fixo saber o rexedor, nove empresas aspiran neste intre a materializar o proceso de licitación do proxecto técnico para dotar do dito servizo a 30 vivendas de Burés, en Asados, “nunha primeira fase que afecta á parte vella do lugar”. Os inmóbeis irán conectados á rede xeral nunha infraestrutura dividida en dous tramos: unha que discorre nas primeiras casas e baixa pola estrada AC-305 e outro na núcleo máis tradicional da aldea.

Unha vez presentadas as propostas polas nove empresas interesadas, finalizado o prazo, procederase a abrir as ofertas na mesa de contratación que segundo confirmou o alcalde “desenvolverase con toda probabilidade ao longo da vindeira semana”. Logo de abertas as propostas e comprobada a documentación requirida para garantir a idoneidade e capacitación continuarase para avaliar a oferta económica así como os outros requisitos nos pregos de licitación, pasos previos á adxudicación do contrato.

O importe de licitación inicial é de 115.138,95 euros e financiado polo Plan único da Deputación. “Se todo transcorre con normalidade as obras poderían estar rematadas no último trimestre do ano, xa recibido o permiso de estradas da Xunta”, engadiu o Concello.

Pódese seguir a evolución da licitación no perfil de contratante do Concello en rianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.