18 ofertas para a conservación invernal nas estradas do Barbanza, Santiago e Costa da Morte

29 Maio 2021

A Xunta recibe un total de 18 ofertas ao contrato para garantir a conservación ordinaria e a viabilidade invernal nas estradas autonómicas da zona sur da provincia da Coruña, que suporá un investimento de 18,9 millóns euros e permitirá atender 723 quilómetros de estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Bergantiños- Costa da Morte e Barbanza nos vindeiros catro anos.
Concretamente, este contrato abrangue os concellos de Trazo, Teo, Corcubión, Arzúa, Santiago de Compostela, Tordoia, Malpica de Bergantiños, Laxe, Ponteceso, Carnota, Fisterra, Camariñas, Padrón, Frades, Boqueixón, Boimorto, Sobrado, Mesía, Ordes, Vedra, Melide, O Pino, Touro, Santiso, Toques, Oroso, Zas, Muros, Outes, Rois, Muxía, Vimianzo,
Noia, Porto do Son, Dodro, Rianxo, Lousame, Ribeira, Pobra do Caramiñal, A Baña, Brión, Cabana de Bergantiños, Val do Dubra, Coristanco, Negreira, Boiro, Santa Comba, Mazaricos, Carballo, Dumbría, Cee e Ames.
A execución deste contrato redundará na seguridade viaria e tamén contribuirá ao mantemento do emprego a través da promoción da obra pública.
O obxectivo é manter a rede viaria autonómica na zona sur da provincia nas mellores condicións para garantir a seguridade viaria e propiciar desprazamentos máis cómodos e seguros aos usuarios.
O programa de conservación ordinaria permite unha vixilancia e control das estradasautonómicas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible.
No marco destas actuacións, inclúese a reposición da sinalización ou das barreiras de seguridade, a limpeza e mantemento dos elementos de drenaxe das estradas ou o repintado da estrada e dos elementos que as conforman.
O contrato tamén contempla os traballos de roza periódicos para o control da vexetación para garantir unha boa visibilidade, así como as melloras de firme ou reparacións de pontes, obras de paso ou noiros de menor entidade.

Ademais, blíndase a atención das emerxencias que se poidan producir na rede de estradas da Xunta. Así, realízanse limpezas de aceites na calzada, retíranse animais mortos ou árbores caídas ou sinalízanse incidentes que condicionen o tráfico. Tamén recolle programa de vialidade invernal, que todos os anos se activa en novembro e se prolonga ata abril, dispoñendo os medios materiais e humanos para garantir as condicións de circulación ante os efectos da climatoloxía adversa.
O contrato permitirá subrogar ao persoal que viña desenvolvendo estas tarefas, garantindo un posto de traballo estable a estes traballadores e garante o uso novas tecnoloxías con innovacións na auscultación, que permiten comprobar o estado, a adherencia ou a regularidade superficial do firme.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.