O BNG de Ribeira propón destinar 1 millón de euros para “desbloquear o Club de Remo e a nova Biblioteca”

28 Maio 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de facer unha proposta para axilizar, no concello, a consecución de dous importantes proxectos: por unha banda a sede do Club de Remo, e pola outra a nova Biblioteca Municipal (no histórico inmóbel coñecido como Casa Gran Sol, na rúa de Galicia). Segundo sinala a agrupación, “cumpriría destinar un millón de euros para o seu desbloqueo”.

O BNG lembra que Ribeira conta actualmente cun Club de Remo desde xuño do ano 2013 e “desde aquel ano até a actualidade foron moitos os problemas que tiveron que afrontar incluíndo varias mudanzas de localización mais sempre foron aumentando o número de remeiras e remeiros”. Amais, engade a agrupación, “incrementouse o número de persoas socias e remeiras, até chegar a arredor dunhas 200, e estanse a acadar importantes trofeos como o de Campioas da Liga Galega de traíñas e terceira posición xeral na Bandeira da Concha en 2018, primeiro posto na Bandeira de Campioas de España, subcampionato Galego, subcampionato de España, subcampionato da Deputación, Bandeira Teresa Herrera e a clasificación como único equipo Galego na Bandeira da Concha coa sétima posición”.

Na súa opinión, “no concello de Ribeira debéranse fomentar os deportes náuticos, tal e como se fai noutras localidades, onde apostan firme por dotar os seus clubs de boas instalacións deportivas nas que se fomenta a actividade deportiva” agregou o concelleiro Luís Pérez Barral, engadindo que este baleiro de instalacións axeitadas no que se refire ao Club de Remo “contrasta co amplo catálogo de infraestruturas para os deportes terrestres e acuáticos (piscina, ximnasio, pavillón, campos de fútbol, circuíto pump truck e en breve cun módulo cuberto de atletismo)”.

Os concelleiros do BNG diante do inmóbel no que estará emprazada a nova Biblioteca

A Biblioteca Municipal

O BNG recorda tamén a importancia de impulsar o proxecto da nova Biblioteca Municipal, “un servizo público de existencia obrigatoria especificada na lexislación e malia isto, o concello de Ribeira non conta cunhas instalacións axeitadas pois o espazo actual comparte espazo de lectura, aula para o estudo, sala de informática e espazo para celebración de actividades”. E engaden: “Desde o BNG entendemos que a falta de espazo para acoller diversas salas nas que dividir as súas actividades provoca serias molestias ás persoas que empregan este servizo público, ademais a súa localización enriba dun local con actividade musical tamén provoca ruído que molesta ás persoas usuarias”.

Os nacionalistas apuntan a que estes dous proxectos, a sede do Club de Remo e unha nova Biblioteca, “ían ser financiadas coa venda do matadoiro municipal, cuestión que foi obxecto de debate en múltiples ocasións e confirmada por parte do Goberno local a través do alcalde e da tenente de alcaldía en diferentes sesións plenarias”.

O BNG critica o labor do Concello pois considera que segue a manter “bloqueados estes dous proxectos”.

Por estes motivos, a agrupación pide aos grupos da Corporación que aproben a proposta de destinar 1 millón de euros para a construción da sede do Club de Remo (600.000€) e a nova Biblioteca Municipal (400.000€) mediante un crédito extraordinario que desbloquee “a actual parálise provocada polo Partido Popular”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.