Barbanza Arousa lanza a campaña de promoción Conserva A Orixe

27 Maio 2021

A Mancomunidade Barbanza-Arousa puxo en marcha este xoves 27 de maio á campaña Conserva A Orixe, e fíxoo contando coa participación de conserveiras, establecementos de hostalaría e adegas da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Terras de Barbanza e Iria. O obxectivo desta promoción é “o apoio ao turismo a través da posta en valor dos produtos gastronómicos do territorio”.

No arrinque da campaña fíxose saber que nela participarán uns 40 establecementos de hostalaría da nosa comarca, nos que se poderán degustar conservas gourmet de Barbanza Arousa acompañadas dos viños das adegas do IGP Terras do Barbanza e Iria. Segundo fixo saber a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa (integrada polos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo), “houbo unha alta participación e unha boa resposta do sector turístico”.

Tamén fixo saber que as degustacións terán premios directos a través de rascas. Algúns destes agasallos son un aloxamento nunha casa rural, un bautismo de mergullo, un paseo en barco polo noso litoral ou unha posta de sol desde a Ría de Arousa.

Adolfo Muiños, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo destacou “a alta calidade dos produtos gastronómicos do territorio e o gran recoñecemento a nivel mundial da industria conserveira, ademais da excelencia dos establecementos do territorio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.