O alumnado do IES Leliadoura visita este venres as mostras artísticas de Ribeira

27 Maio 2021

Este 28 de maio, ás 12.00 e ás 12.45 horas, celebraranse unha serie de visitas organizadas de alumnado do IES Leliadoura ás exposicións Xuventude Crea (no Mercado Municipal) e 5 artistas do Barbanza (no Centro Cultural Lustres Rivas).

A mostra 5 Artistas do Barbanza

Así, ás 11.50 do venres recibiranse 2 grupos de alumnos e alumnas do IES Leliadoura na entrada do Mercado Municipal, para alí dividilos e visitar as dúas exposicións temporais, cunha duración de 40 minutos cada visita.

Na visita a Xuventude Crea. Máis dunha década, no primeiro andar do Mercado Municipal, a comisaria da exposición, Alexandra R. Rey, recibirá o grupo e impartirá unha charla para dar a coñecer o proxecto Xuventude Crea e o contido da exposición, na que participan 29 artistas de diferentes disciplinas como unha pequena representación dos máis de 500 premiados e premiadas ata o de agora neste certame convocado pola Consellería de Política Social desde hai máis dunha década. Ás 12.45 recibirá o seguinte grupo.

A exposición Xuventude Crea

Na visita a 5 autores do Barbanza, no Centro Cultural Lustres Rivas, introducirase o alumnado visitante na importancia da creación na nosa comarca, con obras de Xoán Fernández, Manuel Ayaso, Alfonso Costa, Soledad Penalta e Castelao.

Ao rematar intercambiarán os espazos para que todo o alumnado poida visitar as dúas exposicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...