A Biblioteca de Ribeira culmina o verán con grandes novidades de poesía e coñecemento

26 Agosto 2019

20190826 Quen dixo que as bibliotecas non son para o verán, non pasou polo Barbanza. Un exemplo de actividade e dinamización lectora en pleno mes de agosto é a Biblioteca Municipal de Ribeira, que conmemorou este mes unha serie de cousas relacionadas coa literatura e o recomendábel hábito de ler, mesmo (ou sobre todo) en época estival. Por exemplo o aniversario dun dos grandes das nosas letras, Xosé Luís Méndez Ferrín, de quen se vén de reeditar unha das súas obras máis destacadas, o poemario Con pólvora e magnolias, que xa está a disposición dos lectores de Ribeira, como tamén o está En las orillas de Sar, de Rosalía de Castro, que sae de novo á luz nun coidado volume, ou a obra poética reunida de Xela Arias, poeta, tradutora e profesora galega, tristemente falecida á idade de 41 anos e, malia a súa breve traxectoria vital, responsábel dalgúns dos poemas máis célebres da nosa literatura recente, como os reunidos en Tigres coma cabalos ou Darío a diario.

A biblioteca de Ribeira tamén enfiou “o devalar de agosto” cunha contribución de importantes obras de coñecemento, logo de varias propostas semanas de ficción literaria. Entre as novidades desta (xa) case recta final do verán atópanse monografías sobre socioloxía e feminismo, historia do cinema e da fotografía de Galicia, matemáticas, climatoloxía, plantas medicinais, robótica ou literatura galega. As novidades inclúen obras biográficas sobre Castelao, Rafael Dieste, Xerardo Fernández Albor ou María Xosé Queizán.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.