Preto de 2 millóns de euros na construción dos novos departamentos de usuarios en Rianxo

25 Maio 2021

Presidenta Portos visita Rianxo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten en execución as obras de construción de novos departamentos para usuarios do sector profesional no porto de Rianxo que contan cun investimento público de 2 millóns de euros. A presidenta do ente público, Susana Lenguas, comprobou esta mañá o desenvolvemento dos traballos nunha visita á zona.
Susana Lenguas explicou que as obras consisten na demolición de tres bloques de 22 departamentos que se atopaban en mal estado e na construción de dous novos bloques de 24 departamentos cada un, con mellor calidade construtiva e maior integración na contorna.
Esta construción dá cobertura ás actuais necesidades do sector profesional de Rianxo nesta cuestión.
Os novos departamentos contarán con 22 metros cadrados de superficie útil destinados ao almacenamento de utensilios propios da actividade profesional e contarán ademais cun pequeno aseo. A cuberta de ambos edificios será metálica lixeira, os teitos contarán cunha capa de cartón xeso e os solos serán de formigón pulido.
Finalmente, os edificios contarán tamén con instalación de auga, electricidade, saneamento e preinstalación de telecomunicacións. Os traballos deron comezo a finais do pasado mes de febreiro e contan un prazo de execución previsto de 18 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...