“O quecemento global inflúe na perda de vida oceánica”. Antón Luaces

24 Maio 2021

A pesca ilegal non declarada e non regulamentada segue a ser unha das maiores ameazas para os ecosistemas mariños. De pouco vale que se dicten normas, que se sancione de cando en vez algún dos barcos que incumplen as leis -e isto sábese ben na comarca do Barbanza, onde moito se fala e pouco ou nada se actúa- se os mellores mariñeiros van parar a eses en gran medida vellos candrays, que non sei como se manteñen a flote, mentres en Galicia os armadores e as autoridades pesqueiras xa non saben a que botar man para lograr a necesaria remuda nas tripulacións que dea continuidade ao labor de pescar.Mais en realidade, non é so a pesca ilegal a que debilita o corpus pesqueiro de Galicia. Tamén o quecemento global aporta a súa dose contributiva ao deterioro da vida oceánica, estimándose que o tal quecemento provocará a perda dun 5% da vida nos océanos, e contra isto non valen regulamentos dictados polas organizacións internacionais de pesca ou, no caso de Europa, pola Unión Europea, que non atopa a chave que abra as portas da recuperación medioambiental máis axeitada.
Segundo o informe SOFIA, relativo ao estado mundial da pesca e a acuicultura, o 78,7% dos alimentos mariños son sustentables e proveñen de poboacións de peixes biolóxicamente sostibles. Os datos son incuestionables: no ano 2030 -á volta da esquina- a produción total de peixe será de 204 millóns de toneladas. A FAO albisca un descenso no consumo per cápita na poboación africana, unha das de maior consumo xuntamente con Asia; pero aínda así as cifras non baixan e reflicten un futuro inmediato no que vai ser obrigada a intervención definitiva dos Estados para. por unha banda, producir para servir peixe a unha poboación mundial de 6.000 millóns de persoas (8.500 millón en 2025, segundo as previsións da ONU), pola outra regulamentar seriamente a pesca (as últimas cifras sinalan que se supera con moito a cifra de 100 millóns de toneladas de peixe capturadas anualmente no mundo)  e chegar a un ten-contén na aplicación de medios que manteñan o control de natalidade en amplas áreas de Suramérica, sur de Asia e África, aspecto este que semella non se poder poñer en práctica dadas as crenzas relixiosas e a necesidade de poboación para a pervivencia dos países do mundo. Difícil papeleta, polo tanto, cando a dependecia da poboación da produción mariña é tan alta e tendo en conta que hai quen mantén que as especies sustentables non existen, senon que só hai poboacións sustentables. E non sabemos que se pode facer para realizar unha pesca dirixida a stocks sustentables.Cada un dos membros da poboación mundial consume unha media de 20 quilos de produtos pesqueiros ao ano, consumo que supera o crecemento demográfico que medra a máis velocidade que o desexo da humanidade de consumir carne. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.