Clara Pino e Pablo Vidal homenaxearán na Pobra a Xela Arias

24 Maio 2021

Clara Pino e Pablo Vidal homenaxearán mañá, 25 de maio, a Xela Arias. Desta forma, o Auditorio do Museo Valle-Inclán albergará a partir das 20:00 horas a charla musicada Irás, Dirás, Virás.

Os músicos ofrecerán así un achegamento á poeta dende a amizade, a súa obra e a musicalización dos seus poemas. Esta actividade adscríbese á programación impulsada con motivo do Día das Letras Galegas dende a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

O espectáculo seguirá as medidas establecidas por mor da COVID-19. Por iso, as persoas interesadas en asistir débense anotar a través do teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...