En Ribeira aberto o prazo de solicitudes da bolsa de emprego para a contratación de socorristas

24 Maio 2021

O Concello de Ribeira, tal e como anuncia o BOP deste 24 de maio, abriu o prazo de presentación de solicitudes para todas as persoas que desexen formar parte da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal do persoal para a prestación do Servizo de Salvamento e Socorrismo Acuático nas praias do municipio durante o verán 2021.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo faranse mediante instancia no Rexistro Xeral do Concello durante un prazo de dez días hábiles iniciadas a partir deste 25 de maio.

As praias ás que, en principio, se pretende dar este servizo son as seguintes: praia de Coroso, praia do Vilar e praia da Ladeira, “sen prexuízo de calquera variación que poida xurdir por motivos da organización do servizo”.

A contratación realizarase a xornada completa (40 horas semanais), que se prestarán en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, en quendas de mañá ou de tarde, todos os días da semana, cos descansos que regulamentariamente correspondan.

A duración do contrato será de dous meses e dez días, prevíndose o inicio da relación laboral na data de 1 de xullo, se ben, en función das necesidades do servizo e, sobre todo, das condicións meteorolóxicas existentes, poderase adiantar ou adiar o inicio da relación laboral en todos os areais nis que se vaia a prestar este servizo ou naquelas praias que mais o demanden polas súas características.

As bases da convocatoria dispoñen requisitos específicos segundo a modalidade de socorrista: xefe de praia, socorrista acuático ou socorrista terrestre.

Máis información na web de Ribeira.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.