Amicos celebrou as súas segundas Xornadas de Emprego Personalizado

21 Maio 2021

A asociación comarcal Amicos, centrada en favorecer a máxima inclusión das persoas con diversidades cognitivas dos nosos concellos, celebrou este 21 de maio a segunda edición das súas Xornadas de Emprego Personalizado.

O obxectivo foi compartir recursos e coñecemento para axudar a que as persoas en risco de exclusión teñan a oportunidade de ter un emprego adaptado a súa medida.

A xornada celebrouse por streaming e contou coa presenza (entre outras e outros) de Emilio Pérez Outeiral, concelleiro de Benestar Cidadán de Ribeira, Marcos Fajardo Outeiral, concelleiro de Deporte e Xuventude de Boiro, José Ramón Esperante, técnico de Emprego de Mazaricos, Silvia Muñoz, técnica de Plena Inclusión Madrid, e Francisco José Rey González, membro de FADEMGA Plena Inclusión Galicia.

A cita veu da man da Área de Emprego da Asociación Amicos. Celebrouse de maneira presencial e en streaming.

Un dos puntos no que se puxo o punto foi no programa Plena Inclusión, iniciativa pioneira que pon en valor o potencial e os talentos de tódalas persoas con discapacidade, para poder facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Faino principalmente a través de Emprego Agora, do que é beneficiaria a asociación Amicos, precisamente. Na xornada deste 21 de maio fíxose saber que a entidade da nosa comarca ten a día de hoxe 11 persoas participando no programa, das cales seis son mulleres e cinco son homes. Amais, veñen de diferentes concellos da contorna: Noia, Ribeira, Mazaricos, Boiro, Xeve (Pontevedra), Ames e Oroso. A sesión deste venres contou coa presenza dun dos participantes, Vicente Fernándes, que contou a súa propia experiencia, en que fase do programa se atopa e que acción está levando a cabo.

Tamén interveu no encontro unha empresa participante no programa, a empresa Troquel GameS, cuxo director executivo, Ramón González, que traballa con Amicos para acadar talento laboral para a súa actividade cotiá.

Dende Plena Inclusión España, Silvia Muñoz, coordinadora dos proxectos de emprego personalizado, falou da aposta que dende a súa entidade se está a facer para conseguir a incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade: “Poñemos o foco na exploración do talento e recursos da persoa e na negociación personalizada co empregador”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...