24 nenos e nenas de Lousame participaron dos obradoiros e actuacións programadas na XIX Festa do Galego

15 Maio 2021

Un total de 24 nenos e nenas participaron esta mañá na XIX Festa do Galego do Concello de Lousame que, por mor das inclemencias climatolóxicas, tivo que trasladarse da Praza do Concello á Casa da Cultura. Isto supuxo tamén a suspensión da actuación de animación de rúa “Os velocíclopes”, de Fantoches Baj.
No seu lugar, a rapazada lousamiá e as persoas acompañantes desfrutaron tanto dos obradoiros culturais de Infantilandia como da exposición “Aquela nena de Sarria”, dedicada a Xela Arias, figura sobre a que xiran as celebracións do Día das Letras Galegas de 2021. Así mesmo, no auditorio da Casa da Cultura tivo lugar a actuación da piscadiscos infantil Mari Faltri. Vogalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, Faltri brindoulles á rapazada de
Lousame unha escolla da mellor música infantil galega para que non pararan de cantar e de bailar.
Exposicíon o luns 17
O próximo luns 17 de maio, ás 12:00 horas, o local do Club de Xubilados en Aldeagrande acollerá a inauguración dunha exposición fotográfica con imaxes recollidas ao longo de todo o ano polas persoas que conforman o club. A inauguración correrá a cargo da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e do presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto.
A exposición dá continuidade á realizada en febreiro de 2020, que reuniu máis dun cento de instantáneas de diversa temática, dende panorámicas das aldeas do municipio ata retratos, pasando por festas, romarías e oficios tradicionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.