O BNG pide que se exclúa á frota de baixura da aplicación da xeolocalización e da declaración telemática previstas pola UE

14 Maio 2021

A portavoz nacional, Ana Pontón, sumouse desde Ribeira ás mobilizacións convocadas en todo o País pola frota de baixura en protesta polo regulamento de control pesqueiro que ultima a Unión Europea incluíndo medidas que carecen de sentido cando se trata da pesca artesanal, en particular cuestións como a xeolocalización e a declaración telemática de capturas.

“Total apoio a esta convocatoria e as reivindicacións da frota de baixura fronte a un regulamento inxusto que establece máis controis sobre unha frota que está hipercontrolada. Esta situación volve demostrarnos que desde a Unión Europea non coñecen cal é a realidade do sector pesqueiro galego”, salientou a líder nacionalista.

O Bloque considera que “aínda se está a tempo de modificar algunhas das cuestións máis lesivas dese regulamente que non debería aplicarse á frota de baixura, xa moi controlada, que necesita máis medios para realizar unha actividade pesqueira sostible e esencial para o noso País”, argumentou Pontón.

Este regulamento, denunciou, “fai inviable o funcionamento para moitas artes de pesca en Galiza, implica un sobre control que non aporta nada porque o que necesita a xente do mar é que a deixen traballar e non imposición de máis e máis controis dunha frota  xa moi controlada. Por iso desde o BNG pedimos que se excepcione á frota de baixura da aplicación deste regulamento porque carece de sentido”.

Pontón tamén criticou a “hipocrisía” dun PP e dun PSOE   que en Bruxelas “votaron a favor deste regulamento”.

Antes de participar na mobilización en Ribeira, a portavoz nacional, xunto coa portavoz parlamentaria de Pesca, Rosana Pérez, e outros responsables locais e comarcais do BNG, fixo unha visita á planta de JEALSA en Boiro, tras o incendio sufrido fai uns días.  Visita que aproveitou para trasladar o apoio do Bloque, para poñer en valor a profesionalidade dos servizos de extinción e para solicitar a máxima implicación de todas as partes para que esta factoría recupere a normalidade canto antes.

“JEALSA é un motor económico non só para a comarca do Barbanza senón para toda Galiza e, por tanto, é necesario que teña todo o apoio das institucións para afrontar o proceso de reconstrución e para fortalecer un sector básico como o da conservar e, en particular, unha empresa emblemática da que depende tanto emprego”, salientou Pontón, subliñando que o Bloque “ofrece toda a colaboración porque é básica e aquí estamos falando tanto de liñas de crédito como de axudas directas para os proxectos que ten definidos á dirección”.

Oportunidade para saír reforzada das cinzas

A portavoz do Bloque trasladou todo o apoio da formación tanto á dirección como aos traballadores e traballadoras ante un desastre que puido ser maior, como explican desde a empresa. “Están en disposición de encarar o futuro con optimismo e pensamos que esta crise ten que converterse nunha oportunidade que permita a JEALSA saír reforzada das cinzas que deixan o incendio”, explicou tras o encontro coa representación da factoría encabezada polo presidente da conserveira, Jesús Alonso Escurís.

Pontón tamén fixo un recoñecemento expreso aos servizos de extinción “polo seu labor excepcional coa máxima rapidez e profesionalidade evitando consecuencias maiores tras unhas imaxes que nos encolleron a todas”, indicou, tras indicar que “se aprendeu dos erros doutras ocasións e  se fixo un gran traballo que é necesario poñer en valor”.

En definitiva, concluíu, “decido apoio do BNG para que canto antes se poña a funcionar un complexo que é un dos corazóns industriais da comarca, trasladando ese apoio tanto á dirección como ao conxunto de traballadores e de traballadoras, primeiras interesadas en retomar a normalidade”.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.