A Garda Civil incautou 820 paquetiños de tabaco en Aguiño

23 Agosto 2019
Cedida pola Garda Civil

20190823. A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Ribeira aprehendeu 820 paquetiños de tabaco en Aguiño. Os feitos ocorreron cando os efectivos da mencionada Unidade localizaron nunha das rúas desta parroquia ribeirense un vehículo que, ao percibir a súa presencia o condutor, intentou cambiar de sentido.

A Forza actuante procedeu a interceptar o vehículo e identificar ao condutor para discernir os motivos do seu comportamento, ao achegarse ao mesmo observaron que o condutor, veciño de Vilagarcía de Arousa, era un coñecido das forzas de seguridade por feitos relacionados coa venta de tabaco de contrabando.

Os efectivos procederon ao rexistro do turismo, ante a sospeita de que os seus actos estiveran inducidos pola tenencia deste tipo de mercancía no mesmo, localizando no interior 820 paquetiños de tabaco sen a precinta fiscal regulamentaria.

A Garda Civil procedeu á confección da pertinente denuncia, por unha suposta infracción á Lei de Contrabando e á incautación da mercancía, a cal foi posta a disposición da Dependencia de Aduanas de A Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.