A segunda regata Ría de Arousa na Pobra remata con triunfos de Chispetrén, Fixius e Piko Norte

11 Maio 2021

A segunda etapa da proba organizada polo Club Náutico Arousa Norte desenvolveuse baixo unhas condicións extremas para a flota, cun vento que nalgúns momentos chegou aos 30 nós. Chispetrén, de Jesús Iglesias, Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente e Piko Norte, de José Manuel Castro foron os vencedores en cada unha das categorías da modalidade.

Entrega ao Fixius, primeiro clasificado na clase ORC Pazo de Rubianes

Por un lado, na clase ORC A Casa da Tía Elisa, Chispetrén (C.N. Arousa Norte) fíxose co primeiro caixón do podio, demostrando que cando as condicións se poñen duras sabe adaptarse perfectamente e xa desde a saída puxo metros de por medio sobre seus perseguidores. Este resultado, sumado ao segundo posto conseguido na primeira etapa, deixa a Jesús Iglesias como campión do título na clase ORC A Casa da Tía Elisa.

Doutra banda, o vilagarcián Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, conseguiu rematar de novo en primeiro posto na clase ORC Pazo de Rubianes, levándose así o gato á auga e alzándose co título. A Píllara do C.N.D. Ribeira rematou en segunda posición e o rianxeiro Sampaio completou o podio.

Entrega ao Piko Norte, primeiro clasificado en ORC A Poutada

Na clase ORC A Poutada o título foi para Piko Norte, de José Manuel Castro, do C.N. Boiro, que fixo valer seu primeiro posto da primeira manga para levarse o trofeo de campión por diante dos rianxeiros San Bernabé e Piolín.

Entrega do trofeo ao Chispetren, primeiro clasificado na clase ORC A Casa Da Tia Elisa

A próxima regata con organización do Club Naútico Arousa Norte será a Volta a Ons, o vindeiro 29 de maio, que ademais forma parte da Copa Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...