“A garda civil controla novamente a pesca desembarcada”. Antón Luaces

11 Maio 2021

A Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca e a Garda Civil son os sinatarios do Plan Anual de Control Integral de Actividades Pesqueiras 2021. Este Plan establece as liñas básicas de acción e as prioridades do labor coordinado de vixilancia e inspección da pesca marítima en terra e o mar. Deste xeito, a Garda  Civil recupera a súa acción inspectora que, como ben coñecen os lectores deste xornal porque aquí o comentamos, foi suspendida sen que ninguén -nen siquera a propia Institución- dese explicacións ao respecto.

Mediante este Plan, a Garda Civil recuperará a súa actividade de vixilancia e control en terra -concretamente nos portos- que nos últimos meses fora reducíndosede xeito notable como testemuñan distintos representantes do sector pesqueiro e que serviu a este medio para trasladar ao Instituto armado a intranquilidade xerada no propio sector. Daquela non houbo unha resposta concreta, pero agora dáse -sen pretendelo, posiblemente- a que agardabamos cando a formulamos.

Para levar a cabo o desenvolvemento dese Plan Integral, a Garda Civil operará 7 patrulleiras e 4 helicópteros cedidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). Nos medios aeronavais embarcaranse inspectores inspectores de pesca marítima da Secretaría Xeral de Pesca, que serán os encargados de dirixir os obxectivos das misións en augas de soberanía española e da comercialización de produtos da pesca a partir da primeira venda imprescindible na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada que, en todo o mundo, podería significar arredor de 26 millóns de toneladas de peixe ao ano, aproximadamente o 15% da produción mundial anual da pesca.

O retorno a ese traballo de control por parte do Instituto armado da Garda Civil significará, segundo distintos armadores que manifestaran a súa preocupación polo que consideraban un abandono indesexado das medidas de control en terra de moitas operacións de pesca realizadass no mar, unha maior seguridade das operacións realizadas polos barcos galegos e na loita contra unha pesca ilegal que para nada beneficia ao sector estractivo.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.