A Asociación de Empresarios de Ribeira entrega o premio de 1.000 euros da campaña do Día da Nai

10 Maio 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira puxo remate ás actividades da Campaña Día da Nai 2021, que se encamiñaron a dinamizar o comercio local e a recoñecer e premiar a fidelidade das veciñas e veciños que apostan polos establecementos de proximidade. A campaña tivo o seu punto central nun sorteo dirixido a todos os clientes que mercasen ou consumisen nos establecementos asociados participantes na iniciativa. O sorteo realizouse o pasado luns 3 de maio e, finalmente, fíxose entrega na mañá deste 10 de maio do premio á persoa gañadora, na sede da Asociación de Empresarios. A veciña gañadora foi María Queiruga, que recolleu o seu vale para gastar nos establecementos participantes.

Na campaña deste ano participaron 1.278 clientes, unha cifra que en palabras da asociación foi “todo un éxito” e un exemplo de implicación cidadá cos seus comercios e establecementos.

Segundo fixo saber o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, o “obxectivo fundamental da campaña foi incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”.

O vale foi entregado a María Queiruga polo presidente da entidade empresarial de Ribeira e o concelleiro de Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval.

O premio

O premio desta campaña consistiu nunha tarxeta bancaria con un importe de 1.000€ menos a retención dos impostos obrigatorios, o asesoramento dun/unha personal shopper e un coche con chofer para levar á persoa agraciada aos establecementos que elixa para gastar o premio. Este ten que ser gastado o día 29 de maio nos establecementos participantes. O importe deste premio deberá ser investido nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración. Para repartilo entre varios participantes, como máximo a persoa premiada pode gastar 150€ en cada un dos establecementos seleccionados para gastar o premio.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.