O Concello de Ribeira pide a Abanca que reconsidere a súa intención de pechar a oficina de Palmeira

07 Maio 2021

Representantes do Concello de Ribeira mantiveron este 7 de maio unha xuntanza cos responsábeis de Abanca na nosa contorna, co obxectivo de solicitar á entidade financeira que reconsidere a intención de pechar a súa sucursal en Palmeira, unha petición que o Concello comparte coa veciñanza desta localidade.

O encontro contou coa participación do xefe territorial e do xefe de zona de Abanca, Juan Carlos Carneiro e Jesús Soto; do alcalde Manuel Ruiz, do concelleiro Emilio Pérez Outeiral e do presidente do club local de Palmeira en representación da plataforma veciñal, Antonio Muñiz.

Entre os motivos expostos para que se reconsidere a intención de peche, ademais dos manifestados polos veciños, aduciuse que “a construción dun polígono na parroquia (a previsión é inicialo este mesmo ano) contribuiría a dinamizar a economía da localidade como núcleo máis próximo a esta área industrial que, de cumprirse as estimacións de demanda, nacerá completamente chea”.

Así mesmo, salientouse que este xoves 6 de maio aprobouse en xunta de voceiros un acordo unánime dos grupos políticos da Corporación en adhesión aos veciños e solicitando o mantemento da oficina.

Os representantes de Abanca quedaron en transmitir todas estas suxestións no seo da entidade financeira. Os comparecentes emprazáronse a manter unha nova xuntanza a semana que vén.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...