Chega a Cabo de Cruz unha completa radiografía de Madagascar a cabo da fotógrafa Elena Aycart

05 Maio 2021

O Centro Social de Cabo de Cruz acolle durante o mes de maio a exposición de fotografía da artista Elena Aycart e que leva por título Madagascar: a illa única. O Concello confirmou que poderá visitarse na sala de exposicións do Centro Social de Cabo a partir deste mércores día 5 de maio. A concelleira de Cultura, María Outeiral, visitou a mostra acompañada da artista.

Segundo indicou a autora das fotografías, este proxecto foi inspirado pola Sociedad Geográfica Española e a escritora Enma Lira, redactora de guías Lonely Planet e colaboradora de National Geographic.

A mostra está composta por 28 fotografías nas que se resalta a singularidade do país africano dende o punto de vista estético e que convidan á reflexión sobre os seus desafíos e oportunidades de cara ao futuro.

A mostra inaugurouse na Pobra do Caramiñal e agora trasládase a Cabo de Cruz, onde estará exposta dende o día 5 de maio e ata finais de mes. A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de martes a xoves tamén de 16.00 a 19.00 horas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.