O mércores continuaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións con fluxo de ventos do oeste que achegan humidade dende o mar.
Agárdase así unha mañá de ceos nubrados, con orballos na comarca e unha tarde con tendencia á apertura de claros. Á noite aumentarán de novo as nubes con orballos na fachada atlántica. As temperaturas mínimas ascenderán entre notable e moderadamente, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente oeste, frouxo, con intervalos de moderado no litoral norte.

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 00:00 | 3.1 m |
| Baixamar | 06:34 | 1.3 m |
| Preamar | 12:58 | 2.8 m |
| Baixamar | 18:59 | 1.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 06:28 | 1.3 m |
| Preamar | 12:49 | 2.8 m |
| Baixamar | 18:48 | 1.5 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 06:32 | 1.3 m |
| Preamar | 12:55 | 2.8 m |
| Baixamar | 18:54 | 1.4 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



