As confrarías acusan a Sanidad de “ningunear” aos pescadores e insisten en que os traballadores sexan vacinados

04 Maio 2021

O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, acusou ao “Ministerio de Sanidad” de ” ningunear” ao sector pola súa negativa vacinar aos traballadores da pesca, o que supuxo unha “decepción” entre o ámbito do mar

En declaracións aos medios, Otero afeou a que a situación continúa “igual que fai catro meses”, cando no mes de decembro o sector comezou a demandar que no deseño da campaña de vacinación fosen tidas en conta as características dos traballadores do mar.

“Desde decembro levamos pedindo que se nos vacine e non pedimos prioridade senón especificidade. Somos un sector especial, específico; que non podemos gardar distancia de seguridade. Ademais, no mesmo barco hai xente con distintos tramos de idade e mesmo xente de distintas áreas sanitarias e iso deberíase de ter en conta”, subliñou.

O armador de Burela protesta porque se lles trasladou que recibirán a vacina “cando toque”, unha resposta que se deu en decembro e que se repetiu tras a última reunión do Consello Xeral do Instituto da Mariña celebrado recentemente.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión