Investigadores forestais fan un estudo dos tesouros ambientais do Pazo de Goiáns

04 Maio 2021

O Pazo de Goiáns vai volvendo á vida e, con el, faino tamén a súa contorna natural, un tesouro de gran riqueza ambiental e histórica. Avalialo, inventarialo e determinar as actuacións máis axeitadas para poñelo en valor é o gran obxectivo agora do Concello de Boiro, que informou de que investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán visitaron a finca de Goiáns para coñecer o espazo e facer unha estimación do mesmo e as súas posibilidades.

O obxectivo destas accións é coñecer as especies que se atopan no Pazo e manter as masa forestais autóctonas, “para o que se precisa un saneamento”, informou o Concello, engadindo que baixo este obxectivo “é necesario facer unha análise de todas as árbores e determinar aquelas que están secas ou enfermas e supoñen un perigo para as demais especies”.

Os técnicos municipais recolleron as propostas dos investigadores sobre o saneamento e coidado das especies que se atopan na finca e que se valorarán nas vindeiras sesións da Comisión de Avaliación e Planificación do futuro do Pazo de Goiáns.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.