“…Ata que pase”. Jacobo Otero Moraña

03 Maio 2021

Hai uns días atopeime cunha desas noticias que a un nunca lle gusta ver. Aínda que levo moitos anos lonxe, iso non quere dicir que perdese contacto co pobo e con moitas persoas a quen sigo apreciando coma se saudásemonos/saudásemosnos onte durante un paseo polo peirao. Unha delas é Rosa García Pouse. Con ela manteño un trato fluído grazas ás novas tecnoloxías. Cal non sería a miña sorpresa cando vexo unha foto súa ao pé de páxina á vez que se narra o enfrontamento que mantivo co presunto amigo do alleo que entrou na súa propiedade. Afortunadamente o tema non pasou de choque verbal, aínda que parece que non era a primeira vez que o individuo en cuestión entraba na leira
en busca de botín. De inmediato contactei con ela e as súas palabras tranquilizáronme, aínda que non do todo.

Sempre se dixo que Riveira é un pobo tranquilo. Que nos coñecemos todos e que por iso é moi difícil que ocorra un incidente de gravidade. Ata se chegaron a facer bromas con iso de que o “ lumpen local” estaba perfectamente controlado. Algúns aínda lembramos a estampa daqueles duros e tristes anos en que a heroína facía estragos nunha parte da poboación. Moitos deles, lonxe de ocultarse, pasábanse o día na escalinata do Xardín, xusto diante do concello. Cando unha das miñas tías comentoullo ao entón rexedor, Torres Colomer, a súa resposta foi un tanto desconcertante: “Así sabemos onde están. Se se lles ve, é difícil que delincan”. Pois quizá para el valese semellante
explicación, pero cónstame que dita monitoraxe non era tan efectiva como quería facernos crer.
Durante as noites de semana laboral, neses meses do longo outono/inverno, o pobo quedaba baleiro a partir dunha
hora. Hoxe o problema é a pandemia, pero antes era normal irse a casa ao saír de traballar.
O de parar no bar para ver o fútbol é algo que veu xunto ás plataformas de pago. Pois ao que vou. Á miña avoa entráronlle polo menos un par de veces na tenda. En canto ás veces que o fixeron na farmacia doutra das miñas tías, xa se perde a conta. Afortunadamente, e do mesmo xeito que sucedeu con Rosa, nunca houbo que lamentar danos persoais. Os cacos ían ao que ían. Diñeiro ou cousas que poder revender nun caso e substancias coas que paliar “o mono” no outro. Daba igual se a Policía daba cos delincuentes. Nunca se recuperaba o botín. E o peor de todo, días despois atopábaschos de novo sentados na famosa escalinata. Certo que non adoitaban buscar enfrontamento co resto de viandantes, aínda que entre eles ten pasado de todo. Tanto, que durante unha tempada era común que
ata as fins de semana a xente nova que dispoñía de vehículo, acabase a noite en Poboa. Daquela as cousas melloraron un pouco. Aínda que o asunto da drogodependencia segue sendo serio, xa non se ve de forma tan palpable ao romper esa relación coa marxinalidade. Pero está visto que o problema segue existindo. Ás veces o malo é alguén do pobo. Mesmo da comarca. Outras son xente vinda de fóra.
Quizá non de moi lonxe, pero os seus rostros non son coñecidos. E é aí cando pode haber lea. Sendo un adolescente, durante aqueles sábados de mercadillo,viñeron dous do outro lado da ría que quixeron meterse na tenda da miña avoa antes de que pechase. Fíxenlles fronte na porta,e aínda que dubido moito de que tivese algunha posibilidade contra eles, non foi a cousa a máis porque o tránsito de xente era continuo. Volveron a semana seguinte,e de non ser por un axente da Local é posible que pasase algo grave. Anos despois,vivimos outro episodio desagradable nun bar con tres tíos que acababan de cumprir condena e debían de estar a tentear novos caladoiros. Dous eran simples quinquis, pero o terceiro viña de cumprir quince anos por asasinato. Malo como un pecado mortal,imos.

O caso é que se por un casual necesitas pedir apoio das Forzas e Corpos de Seguridade, resulta que sempre andan xustos de efectivos. Ollo,nin moito menos cúlpolles de impericia. Pero quen fai a planificación de persoais deberían ter en conta que como sucede con todo servizo público, ha de funcionar correctamente. E aquí entramos no asunto da carioca que se morde a cola. Se a xente non denuncia, as estatísticas de delincuencia mostran unha falsa tendencia á baixa. Como todo móvese por números, ao convocarse novas prazas, acaban sendo asignadas a lugares con maior
conflitividade. E mentres, seguimos co mantra de que o pobo é un remanso de paz. Pois vale que non é Cabul, pero non por iso debe volverse a períodos menos gratificantes. O “nunca pasa nada” está moi ben, ata que un día pásache a ti.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.