O PP rianxeiro carga contra a xestión do Goberno local por levar a débeda aos tres millóns de euros

01 Maio 2021


O grupo do Partido Popular no Concello de Rianxo, a través do seu portavoz, Germán Allut, criticou hoxe a xestión realizada polo Goberno local, ao que acusa de incrementar a débeda municipal en case tres millóns de euros a pesar da subida de impostos e o nulo investimento en proxectos locais durante os últimos anos.
“Os veciños de Rianxo non poden aguantar nin un día máis que o señor Muiños lles faga responsables da súa xestión a base de pagar cada vez máis impostos”, denunciou Allut, quen avanzou que o rexedor incrementou o IBI e o Imposto sobre Vehículos Sobre Tracción Mecánica (IVTM) para tratar de diminuír a débeda municipal nos próximos dous anos.
Neste sentido, o portavoz do Partido Popular incidiu en que, baixo o mandato do actual equipo os veciños de Rianxo soportaron como a partida de impostos incrementouse en 674.000 euros dos que, tal e como dixo Allut, ningún foi a parar ao capítulo de aforro.

Desde o Partido Popular de Rianxo aproveitaron tamén para asegurar que o Goberno local desviouse un -58% da previsión de aforro que se marcou , un feito que, segundo Allut, confirma o “desastre absoluto” na xestión económica municipal.
“O único que podemos sacar en limpo de todos estes anos é que o executivo local non cumpriu nin un só dos obxectivos que tiña establecidos nos seus plans de axuste”, afirmou Allut.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.