Notábel mellora nos últimos días no Barbanza da COVID. A Pobra pasa a risco medio

25 Abril 2021

Notábel mellora nos últimos días no Barbanza. A Pobra, que chegou a risco máximo, foi mellorando, iso si tras un longo tempo perimetrada, e xa está en risco medio, en laranxa.

Ribeira baixa catro positivos e pasa a 21 casos. A Pobra, Boiro, Rianxo, Noia, Muros e Dodro de 1 a 9 casos. O Son, Lousame e Outes non rexistran casos.

Por outra banda a capital Santiago sube sete casos e pasa a 20.

Os casos activos de covid en Galicia superan os 3.000 nunha xornada na que sobe a presión hospitalaria.
Os casos activos da covid-19 en Galicia volveron a crecer por quinta xornada consecutiva ata situarse nos 3.016 en total, o que significa exceder a barreira dos 3.000 por primeira vez desde o pasado 11 de marzo. Ademais, isto ocorre nunha xornada de repunte da presión hospitalaria cunha quincena de ingresados máis, ata alcanzar os 204.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.