O Concello da Pobra advirte ao comité clínico que non acatarán as súas decisións e que farán o necesario “para que rectifiquen canto antes”

24 Abril 2021

A Pobra permanece pechada a pesar dos seus bos datos e denuncia a “discriminación” da Xunta: “É inxusto” di o alcalde.
O Concello da Pobra do Caramiñal advirte ao comité clínico que non acatarán as súas decisións e que farán o necesario “para que rectifiquen canto antes”.

A Pobra do Caramiñal permanece pechada como O Grove, Cualedro, Carballeda de Valdeorras e Vilanova de Arousa, que estrea o nivel máximo de restricións esta fin de semana. Con todo, os datos na Pobra hai días que non son tan malos e onte os veciños asistiron decepcionados a como desde a Xunta non realizaban ningún tipo de modificación na súa situación.

Desde o goberno municipal critican que, a pesar da melloría substancial do municipio, que se atopa xa por baixo dos nove casos activos na cifras semanais e en nivel medio, a Xunta aínda mantén pechada a hostalería da localidade, coas consecuencias económicas que iso supón, e o peche perimetral do municipio.

O alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro a través da súa conta de facebook escribiu :

Hoxe baixamos a 23 casos diagnosticados nos últimos 14 días, a incidencia acumulada sitúase en 246. Xa estamos no rango entre 150 e 250, que corresponde non xa a nivel de restrición alta, senón ao nivel de restrición media, e sen embargo seguimos no nivel de restrición máxima.A sete días temos unha incidencia acumulada entre 25 e 75, o cal significa que houbo entre 3 e 6 casos diagnosticados na última semana. Estes datos xa se corresponden cun nivel de restrición media baixa, é dicir, o máis baixo que hai. Os datos son moi favorables e temos motivo para a ledicia e a esperanza.Sen embargo o feito de que sigamos en nivel de restrición máxima non me permite sentimento positivo ningún. É inxusto. O noso concello non é o responsable do gromo que apereceu aquí, nin temos que pagar por iso. As explicacións recibidas onte non convencen. O noso concello está a recibir un trato discriminatorio e non o imos aceptar.Agora non queda máis remedio que esperar ao martes, aínda quedan días para seguir valorando a evolución do noso concello, pero que quede claro que non aceptamos a decisións tomadas polo comité clínico e faremos o que estea na nosa man para que rectifiquen o antes posible. Así que hoxe máis ánimo que nunca.

Outros artigos

A Pobra activa un obradoiro de conciliación para o día 20 de maio

Na senda de seguir a favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanza un obradoiro de conciliación para o 20 de maio. Como xa é habitual, este transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....