No Son celébrase en maio un curso online e gratuíto para operadoras/es de produtos pesqueiros frescos

20 Abril 2021

O Concello de Porto do Son vai activar o vindeiro mes de maio unha actividade formativa destinada a fortalecer as actividades produtivas ligadas ao mar ao tempo que se mellora a empregabilidade da veciñanza ao abeiro dos sectores pesqueiro e marisqueiro. Trátase do Curso Online de Operador/a e Manipulador/a de Produtos Pesqueiros Frescos, unha iniciativa formativa de 35 horas de duración que vén cos engadidos extra de ser de balde e de vir incluída no catálogo de capacitación puntuábel no baremo de marisqueo (as persoas participantes obterán 0,70 puntos).

Segundo explica o Concello, poderán participar neste curso as persoas empadroadas no termo municipal de Porto do Son, para o cal é necesario enviar a correspondente solicitude (xunto cunha copia do DNI) a jose.pazo@portodoson.gal. O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de abril, ás 14.00 horas. Achéganse un total de 20 prazas, que serán asignadas por sistema de sorteo.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.