Programados na Pobra tres obradoiros anti-exclusión

19 Abril 2021

A Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal e a organización FSC Inserta organizan tres accións formativas dirixidas a persoas con diversidades funcionais, cognitivas ou motrices. A primeira delas consistirá nun obradoiro de comunicación que se impartirá do día 18 ao 21 de maio e constará dun total de 20 horas lectivas.

Pola súa banda, o taller de traballo en equipo transcorrerá do día 24 ao 27 de maio, tamén formado por 20 horas lectivas.

Finalmente, do día 31 de maio ao 2 de xuño celebrarase o de orientación para o logro, de 15 horas lectivas.

Segundo explicou a concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), o contido destas propostas “vai moi orientado á inserción laboral e ás habilidades, tanto sociais coma laborais, para que se produza esa inserción de maneira óptima”, facendo fincapé no papel que xoga a formación.

Tamén apuntou que se valorará, en función da demanda, repetir nun futuro.

Pola súa parte, a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, destacou que se trata “dunha aposta real pola inserción sociolaboral das persoas con discapacidade”.

As clases impartiranse no Auditorio do Museo Valle-Inclán. O prazo para se anotar permanecerá aberto dende o día 20 ata 26 de abril, ambos inclusive. A matrícula pódese formalizar a través do rexistro xeral do Concello ou da súa sede electrónica. Será preciso cubrir a solicitude que estará á disposición nestas vías, ademais de achega-lo DNI, a tarxeta do desemprego, a resolución da incapacidade permanente total por profesión habitual (de ser o caso) e o certificado de discapacidade (de ser lo caso).

As persoas aspirantes deberán acreditar a súa condición de persoa con discapacidade cunha certificación dos órganos competentes da Consellaría da Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente, na cal se acredite o seu grao de discapacidade igual ou superior a un 33%.

Cada curso conta con 15 prazas e as persoas interesadas pódense inscribir naqueles que así o desexaren. Contan co co-financiamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.

O Concello lembrou que o desenvolvemento destas actividades queda supeditado á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19. Para máis información poden contactar co Servizo de Orientación Laboral a través do teléfono de contacto 981 377 610.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.