Propietarios e usuarios do Parque Natural de Corrubedo opóñense ao novo plan de usos

18 Abril 2021


Un milleiro de participantes nunha cadea humana protestaron polas restricións que se queren impoñer a través do novo Plan Reitor de Uso e Xestión ( PRUX), un documento que limita as actividades que se poden levar a cabo en cada unha das zonas do parque natural de Corrubedo.

« Nós tamén formamos parte deste marabilloso lugar», « Non ás prohibicións, queremos gozar do noso paraíso», «Propietarios: non só limpar, tamén gozar» ou «Queremos bañarnos non Río do Mar» foron algunhas das reivindicacións que se podían ler na ducia de carteis que colocaron os veciños e afectados aos longo do percorrido da concentración.

O portavoz da asociación de propietarios do parque natural, recoñeceu que ninguén contactara con eles para redactar este documento, do que afirma que hai moitas cousas moi mellorables.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.