O rexedor de Noia visita o futuro emprazamento da glorieta de República Arxentina

16 Abril 2021

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e máis o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, visitaron esta semana o emprazamento onde está programado erguer, nos vindeiros meses, unha nova glorieta. Será o punto central da actuación do Concello de Noia para o remate da rúa República Arxentina, onde que conflúen até cinco vías.

Segundo fixeron saber, este proxecto “vai supoñer un ancheamento da vía, a renovación da capa de rodaxe con aglomerado en quente e a reorganización do tráfico rodado; ademais da execución de novas beirarrúas que aumentarán a seguridade dos viandantes”. O investimento total da actuación é de 95.000 Euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.